Escoitamos

O RC Celta presenta o servizo "Escoitamos", unha nova vía de comunicación con abonados e afeccionados co fin de resolver dúbidas e incidencias dunha maneira áxil, directa e eficaz. Para iso pomos á súa disposición este cuestionario co compromiso de ofrecerlles resposta nun prazo máximo de tres días laborables. Rogámoslles que antes de enviar os seus comentarios revisen a nosa páxina web e o apartado de Preguntas Frecuentes para cerciorarse de que a información que requiren non estea xa publicada.

Nome
Apelido 1
Apelido 2
Se eres socio, indícano-lo teu número de DNI. Esto axudaranos a ofrecerche un mellor servizo.
DNI
Email
Teléfono
¿En qué che podemos axudar?

Antes de asinar a presente solicitude, debe ler a seguinte información básica sobre protección de datos:

INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS
Responsable Real Club Celta de Vigo, S.A.D.
Finalidade Xestión de reclamacións, dúbidas ou incidencias tramitadas a través da canle www.escoitamos.rccelta.es
Lexitimación Xestión de reclamacións, dúbidas ou incidencias tramitadas a través da canle www.escoitamos.rccelta.es
Destinatarios Non se cederán a terceiros excepto i) por obrigación legal e/ou ii) que preste o seu consentimento expreso para o seu tratamento por parte de de o Real Club Celta de Vigo, S.A.D., Afouteza e Corazón, S.L., e a Fundación Celta de Vigo.
Dereitos Acceder, rectificar e suprimir os datos. Outros dereitos.
+ Información www.rccelta.es

AUTORIZO EXPRESAMENTE a cesión dos datos persoais facilitados anteriormente ás sociedades REAL CLUB CELTA DE VIGO, S.A.D., AFOUTEZA E CORAZÓN, S.L. e a FUNDACIÓN CELTA DE VIGO para que os mesmos sexan tratados coa finalidade de recibir comunicacións comerciais por medios electrónicos (e-mail) , e/ou outros medios de comunicación equivalente (teléfono/sms/aplicacións móbiles de mensaxería) e/ou tradicionais (correo postal) relativo aos produtos e servizos que ditas sociedades comercializan no mercado, entre outros:campañas promocionais, descontos e lanzamento de novos produtos e servizos. *

Podes atopar aquí máis información.

PREGUNTAS FRECUENTES

TES ALGUNHA DÚBIDA?

  • DESPACHOS DE BILLETES E ENTRADAS

    +

    Cal é o horario de despachos de billetes de Balaídos?

    O noso horario habitual é de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 de luns a venres. Os días de partido atendemos dende as 10:00 ata o inicio do encontro.

    Onde podo mercar entradas?

    Sexa abonado ou non dispón de dúas alternativas. Pode acudir aos despachos de billetes de Balaídos a adquirir as entradas, ou a través da nosa web (nesta plataforma só se nos permite vender entradas de categoría adulto).

    Cando pondes as entradas á venda para cada partido?

    Habitualmente ponse á venda durante a semana do encontro nos nosos despachos de billetes e na nosa web www.rccelta.es. Algúns partidos ponse á venda con máis antelación para facilitar a compra. Sempre avisamos da posta á venda das entradas na nosa web e redes sociais.

    Se merco unha entrada en liña, teño que presentar o meu DNI na entrada?

    Si, xa que son nominais por normativa de LaLiga.

    Unha vez realizada a compra das miñas entradas, onde imprimo as miñas entradas?

    Ao finalizar o proceso, chegaralle un correo electrónico co PDF adxunto das súas entradas. Deberá acudir ao estadio con elas xa impresas para así poder acceder ao estadio.

  • DÍAS DO CLUB

    +

    Como e cando podo retirar o suplemento?

    Estes saen á venda con anterioridade e poden ser retirados o mesmo día do partido nos despachos de billetes do estadio.

    O prezo dos suplementos é como o dunha entrada de público en xeral?

    Non. O suplemento ten un custo máis baixo que unha entrada, oscilando o seu prezo entre os 5 e 20€.

  • CAMPAÑAS DE ABONADOS E CAMBIOS DE ASENTO

    +

    Pódome facer abonado en calquera momento?

    Non. Durante o ano abrimos dous períodos de alta e renovación de abonos: de xuño a setembro e de decembro a xaneiro. Fóra deses prazos, se non é abonado deberá adquirir entradas para cada partido se quere acceder ao estadio.

    Podo prestar o meu abono?

    Este cartón é persoal e intransferible, e propiedade do club, polo que se non o utiliza o titular podería ser retirado na porta, tendo o club dereito á devolución ou non deste.

    Cando se pode facer o cambio de asento?

    Abrimos un período dunha semana no mes de setembro unha vez dadas as baixas de tempada, podendo elixir así o asento que mellor lle conveña. O día exacto depende do calendario de LaLiga, polo que non coincide todos os anos. En febreiro ábrese outro período para cambio de asento. O club informa con antelación a través da súa web e redes sociais destes períodos de cambio de asento.

    Que ocorre se perdo o carné de abonado?

    Pode acudir ao despacho de billetes e realizar un duplicado anulando o anterior. En días de partido realizaranse ata 3 horas antes do encontro. De non ser así deberá abonar unha entrada da súa bancada e a semana seguinte devolverémoslle o importe da mesma se o seu carné non tivo acceso ao partido. O primeiro duplicado é gratuíto, debendo abonar os seguintes duplicados.

  • ABONADOS HISTÓRICOS

    +

    Que é un abonado histórico?

    Para ser abonado histórico debe ter unha antigüidade ininterrompida de máis de 25 anos no club, converténdose así en abonado Prata. Se supera os 35 anos adoptaría a condición de abonado Ouro. Cando supere os 50 anos será un distinguido abonado Platino.

    Como abonado histórico teño algún tipo de beneficios?

    Si. Pode gozar de entre 5 e 10 invitacións ao longo da tempada. Un abonado Prata terá 5, o Ouro 8 e o Platino 10.

    Como podo gozar desas invitacións?

    Poderá retirar un máximo de 2 invitacións por partido, non incluíndo os Días de Club. Deberá solicitalas durante a semana antes do partido, nunca o mesmo día.

    Calquera pode retirar as invitacións dun abonado histórico?

    Non, só poderao facer o titular ou un autorizado habitual ao que debemos rexistrar.

  • VISITAS A BALAÍDOS

    +

    Pódese visitar o campo ou facer algún tour guiado?

    Coas obras no estadio, nestes momentos é imposible visitar o campo. Se nalgún momento é posible anunciarase a través da nosa web e redes sociais.